Bos días e feliz sábado a todos. Hoxe os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, unicamente con entrada de nubes de tipo alto. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas no interior e as máximas subirán lixeiramente. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos de moderado á tarde no litoral norte..





