Bos días e feliz domingo. Comeza a primavera cos ceos alternando nubes e claros, con máis nubes no terzo norte onde haberá chuvascos. Á tarde, rexistraranse chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. A cota de neve situarase sobre os 1200 metros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos con lixeiros descensos das mínimas. Os ventos serán predominantemente do nordés, moderados no litoral norte e frouxos no resto..






