Bos días e feliz semana. Hoxe luns os ceos alternarán nubes e claros, con máis nubes canto máis ó norte, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas terán moderados ascensos. Os ventos soprarán nordés, no interior serán frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde; na costa serán moderados con intervalos fortes..






