Bos dias e feliz Xoves Santo. Hoxe durante a mañá os ceos estarán pouco anubrados, con nubes de tipo alto e néboas no interior da provincia de Lugo. A partir do mediodía entrarán nubes medias e á noite os ceos iranse cubrindo de nubes baixas. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable pola mañá, tomando unha compoñente oeste pola tarde..
