Bos días e feliz Sábado Santo. Hoxe durante a mañá os ceos estarán cubertos, con chuvias febles. Á tarde as precipitacións serán xeneralizadas e localmente moderadas e co avance da tarde e tralo paso da fronte fría iranse abrindo claros e quedaremos nunha situación de chuvascos, que serán de neve en cotas arredor dos 1100 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso durante o día e descenderán cara á noite despois do paso da fronte. O vento soprará moderado do suroeste, con intervalos fortes no litoral e zonas altas..
