Bos días e feliz Domingo de Pascua. Hoxe durante o día os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvias de carácter intermitente máis probables e frecuentes no oeste da Comunidade; xa pola noite unha nova fronte provocará ceos cubertos e chuvias xeneralizadas que serán ocasionalmente fortes no oeste. As temperaturas descenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará moderado do sudoeste en xeral, tendendo a aumentar en intensidade co avance do día ata acadar refachos moi fortes dende o final da tarde, no litoral e zonas altas do interior..
