Bos días e feliz xoves. Hoxe os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvias de carácter intermitente, máis probables na metade norte. A cota de neve estará nos 800 metros pola mañá ascendendo aos 1200 metros pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, con formación de xeadas nas zonas altas, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado do noroeste e quedará frouxo de dirección variable á noite..
