Bos días e feliz semana. Hoxe luns os ceos estarán cubertos con chuvias xeneralizadas máis cuantiosas nas provincias da Coruña e Pontevedra. Á tarde quedaremos nunha situación de chuvascos. A cota de neve situarase arredor dos 1200 metros. As temperaturas non experimentarán cambios significativos..





