Bos días e feliz martes. Hoxe os ceos amencerán máis cubertos canto máis ao norte, coa posibilidade de chuvias febles no norte de Lugo e A Coruña pero co avance do día iranse abrindo claros en xeral. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte con intervalos de moderado no litoral e zonas altas..
