Bos días e feliz xoves. Hoxe os ceos presentarán intervalos anubrados con chuvascos máis intensos e persistentes na metade sur da Comunidade, ocasionalmente de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado do sudoeste, baixando en intensidade cara á noite..
