Bos días e feliz semana a todos. Hoxe luns, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral norte e frouxos no resto; réxime de brisas nas Rías Baixas..
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				









