Bos días e feliz xoves. Hoxe teremos unha mañá de ceos parcialmente cubertos, coa posibilidade dalgún chuvasco illado nas primeiras horas no leste de Ourense e de orballos no litoral norte. Co avance do día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña..
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				







