#Futuro Umha pequena composición de lugar: Neste intre atópome sentado fronte a un QWERTY, un TFT e na companha da soidade silandeira da noite só rachada, de súpeto, polo lonxano laio dun cadelo/a. Non sei ben que facer e pónhome a cavilar un chisco sobre o futuro á vez que refresco a gorxa cun grolo dun copo de cachaça que tamén se perdeu por aquí. Entón, lembro o tráiler de “regreso ao futuro” dos anos oitenta do século pasado no cal case que ningumha predición se fixo realidade. Daquela, boto o meu maxín ruralista a pasear até chegar á conclusión de cómo será Galiza no 3045, por exemplo. Para iso baséome nos problemas que están tendo os labregos/as para facerse cun carné de manipulador de fitosanitarios (sulfatadores profesionais) con moitas eivas e dificultades para obtelo en Galiza e tendo que desprazarse a Castela León para conseguilo mais axinha. Conclusión: o Reino de Espanha, se existe nesas datas, será surrealista e Galiza será algo así; mais ou menos.







Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?