Bos días e feliz venres. Hoxe o ceo quedará en xeral pouco anubrado ou despexado. Durante a noite unha fronte pouco activa deixará algunha chuvia feble no litoral norte. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso, mentres que as máximas estarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos a primeiras horas, aumentando en intensidade co avance do día, acadando intervalos fortes nas Rías Baixas..
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				






