#364Días Hoxe, coma cada 17 de maio, celebramos moi ledos o día das Letras e homenaxeamos a un escritor na nosa Lingua. E manhá que? E os 364 días restantes do ano que? O noso idioma temos que facelo valer para todo; o ano enteiro, para toda a nosa vida e para sempre. Non pode ficar ilhado nun único día sinalado nas calendas. Os galego falantes, manhá, enfrontarémonos aos mesmos problemas decotío con respecto da nosa lingua. Na meirande parte dos estamentos socio políticos non poderemos expresarnos con liberdade no noso propio País. Seguiremos orfos dun idioma que se nos nega e rouba, sistematicamente, dende tempos inmemoriais. Teremos que falar estranxeiro no noso chan! Persoalmente penso que, hoxe ten que ser un día de festa, de ledicia e de reivindicación. Pero nunca un festivo ao uso. Non concibo que os funcionarios mestres e, por ende, o estudantado en xeral non tenhan que acudir ás aulas e, pola contra, colhan un simple día de descanso e vacacións. Estou de acordo que non debe ser un día lectivo, pero si que debería ser un día no que mestres e alumnos se xuntaran e desenrolaran distintos tipos de actividades relacionadas co galho das Letras Galegas dentro dos distintos centros de Ensino. Do contrario estaremos no de sempre; sinxelos actos politizados e cadanseu arrimando a ascua a súa sardinha tratando de colheitar o correspondente punhado de votos. Non sei se o poeta chairego me daría a razón.
 
           
       
                 
				 
				 
				 
				 
				 
				








