#ConcepciónDancausa Vaia por diante que xa fai bastante tempo que non me gusta o fútbol profesional porque leva a corrupción nas mesmas entranhas e diso xa imos sobrados e fartos. Nembargante, pícame a curiosidade cando alguén prohibe algo, aínda que logo un xuíz lhe quite a razón. Armeime de valor e decidín pórme diante da caixa parva uns 120 minutos para olhar a final da copa do Borbón. Entre reparto de bandeiras espanholas, himnos, pitos e esteladas foron transcorrendo os intres previos ao acontecemento, supostamente deportivo. Ren do outro mundo, pero tenho que reconhecer que pagou a pena. Conclusións?; mais ben poucas; pero cando menos, bastante curiosas. Que non se me molesten os seareiros de ningún club; a minha intención só é contar o que eu, e só eu, olhei pola caixa parva.

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame