Bos dias e feliz semana. Hoxe luns agárdase unha xornada seca, con moitas nubes de tipo medio e alto, que ocasionalmente poden dar un aspecto gris ao ceo, aínda que tamén abriranse moitos claros principalmente pola tarde. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios ou descenderán, mentres que as máximas terán un ascenso moderado, acadando novamente valores algo máis propios da época do ano. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable en xeral, agás no litoral norte onde serán moderados, de compoñente leste..






