Bos días e feliz mércores. Hoxe os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais e intervalos de nubes altas pola tarde e a noite. As temperaturas mínimas descenderán no norte e ascenderán no sur, mentres que as máximas experimentarán un ascenso. O vento soprará frouxo do nordés, moderados no litoral noroeste onde acadarán intervalos fortes en Costa da Morte pola tarde, e réxime de brisas nas Rías Baixas..







