“Os #galegofalantes aínda carecemos dos mesmos dereitos que os castelanfalantes”.
Emilio Xosé Ínsua non esquiva preguntas. Cuestionado sobre o papel da política no galego, cuestiona o uso “partidista” tanto do PP por asumir o delirante discurso de Galicia Bilingüe como “certo segmento do nacionalismo” e as súas “correas de transmisión”. Autor dunha nova monografía sobre as Irmandades da Fala, asegura que aínda perviven os prexuízos que motivaron o seu nacemento e pide a “tirios” e “troianos” que reflexionen sobre a experiencia da xeración que introduciu o galego na escola. O impacto do 'decretazo', as escolas Semente e a visión da lingua entre os seus alumnos son outros temas desta entrevista. https://t.co/MVl3sJms5G
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				







