Bos días e feliz venres. Hoxe pola mañá predominarán os ceos pouco anubrados con intervalos de nubes altas, néboas matinais no interior e brétemas costeiras nas Rías Baixas. Pola tarde medrarán nubes de evolución na metade norte que poden deixar algún chuvasco tormentoso principalmente en zonas altas. As temperaturas mínimas ascenderán, mentres que as máximas non terán cambios significativos, agás nas Rias Baixas onde descenderán de xeito moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur nas Rías Baixas e norte no resto..






