Bos días e feliz domingo. Hoxe os ceos presentarán alternancia de nubes e claros en xeral, con máis nubes na franxa atlántica e bancos de néboa matinais en puntos do interior. Á tarde formaranse nubes de evolución no leste da provincia de Lugo que mesmo poderían deixar algún chuvasco tormentoso. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur..







