Bos días e feliz martes. Hoxe durante as primeiras horas da mañá os ceos estarán parcialmente cubertos no terzo norte. Co avance do día quedarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán especialmente no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral da Coruña..





