Bos días e feliz xoves. Hoxe agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados, con nubes de tipo alto, mentres que no litoral norte os ceos quedarán parcialmente cubertos, con formación de brétemas. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios o en lixeiro descenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, máis acusado na metade norte. O vento soprará frouxo de compoñente norte..
