#26X Disque comezou a segunda parte da feira do 20D do ano pasado. Adoita dicirse que nunca segundas partes foron boas. Non creo que este sexa o caso, dado que a primeira foi horríbel. Espérannos 15 días de sufrimento olhando e ouvindo aos feirantes vendendo, cadanseu do seu xeito, a súa falsa, podre e caduca mercadoría. Tratarán de anestesiarnos, outra vez, para que lhe merquemos as súas ridículas, graciosas e carísimas mentiras. Coma son para o pobo e xa as tenhen ben amortizadas, seica nolas venden a prezo de saldo. En fin; ao que ía: Cando imos ás urnas a exercer o noso dereito do sufraxio universal; ao mesmo tempo que depositamos umha papeleta, tamén depositamos cartos do noso peto. Ou, aínda hai alguén que cre que votar nos sae de balde? Non sabería dicir agora mesmo, pero cada voto leva carrexado con el umha porcentaxe, en cartos, de boto. Voto papeleta, logo boto cartos. Sres. políticos; que as campanhas electorais non as pagan vostedes! Será por iso que non lhes importa recuncar as veces que faga falta? Non hai cartos para sanidade, ensino, dependencia, pensións, todo tipo de servizos sociais e un longo etc., pero vostedes a facer o ganso no Parlamento en troques de facer política para chegar a acordos e pactos de goberno. Persoalmente; e sexan da cor ou pelaxe que lhes pete; quero que saiban que democracia si, “sempre,” pero burla só a xusta e a poder ser “nunca.” Poida que os tempos sexan chegados e esteamos mais preto da desafección total de toda esta panda de moinantes, ineptos e inúteis feirantes.

Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?