Bos días e feliz sábado. Hoxe agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con alternancia de nubes e claros, con máis nubes pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico..







