Bos días e feliz domingo. Hoxe agárdanse ceos con máis nubes no litoral que deixarán chuvias febles, máis probables a partir do mediodía. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.
.
