Bos días e feliz xoves. Hoxe teremos en xeral unha xornada de ceos anubrados no litoral norte con chuvias febles e intermitentes; no resto medrarán nubes de evolución que pola tarde deixarán chuvascos de carácter ocasionalmente treboento. As temperaturas descenderán entre moderada e notablemente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte..





