Bos días e feliz San Xoan. Hoxe teremos o ceo moi anubrado e algunha chuvia feble e ocasional no nordés, para abrirse claros progresivamente a medida que avance a mañá; pola tarde os ceos estarán máis despexados canto máis ao oeste, con nubes de evolución en puntos do interior. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso durante esta xornada, máis acusado nas máximas do interior. Os ventos soprarán compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico..





