Bos días e feliz sábado. Hoxe os ceos estarán pouco anubrados ou despexados na metade sur, con máis nubes canto máis ao norte, coa posibilidade dalgún orballo no litoral. Á tarde medrarán nubes de evolución nas zonas altas do leste. As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas continuarán sen cambios, con sensación de fresco por mor do vento do norte. O vento soprará de compoñente norte, frouxo pola mañá, aumentando a moderado á tarde, forte no litoral atlántico..
