Bos días e feliz mércores. Hoxe agárdase un tempo seco e estable. Así, aínda durante a mañá o ceo presentará máis nubes no terzo norte onde non se descarta algunha precipitación moi febles nas primeiras horas, e bancos de néboa en zonas do interior. A partir do mediodía o ceo quedará pouco anubrado ou despexado e entrarán nubes baixas polo noroeste co avance da noite. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos de moderado nas Rías Baixas...
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				








