Bos días a todos e feliz mércores. Hoxe amencerá con ceo despexado, con máis nubes no terzo norte, principalmente na Mariña, onde as nubes de estancamento serán persistentes, sen descartar algunha chuvia moi feble. A partir de media mañá medrarán nubes de evolución no interior e zonas altas que poden deixar chuvascos tormentosos, diminuíndo cara á noite. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán na metade norte. Os ventos soprarán do nordés frouxos a moderados no terzo norte, acadando intervalos fortes no litoral, e frouxos de dirección variable no resto...







