Bos días e feliz venres. Hoxe pola mañá predominará o ceo despexado, agás no terzo norte e interior de Lugo onde haberá algunhas nubes baixas e néboas; xa pola tarde medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos illados, ocasionalmente tormentosos. As temperaturas estarán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente norte frouxo ou moderado no terzo norte e frouxos de dirección variable no resto...





