Bos días e feliz martes. Hoxe o ceo presentarase con alternancia de nubes e claros en xeral, tendendo á apertura de grandes claros no sur, pero sendo as nubes máis compactas na provincia da Coruña onde durante a mañá poderían deixar algunha chuvia feble e illada. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso, polo que os valores serán escasos para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte..






