Bos días e feliz domingo desde A Guarda. Hoxe o ceo voltará a estar pouco anubrado ou despexado durante toda a xornada. As temperaturas, tanto mínimas coma máximas non presentarán cambios, manténdose altas, con intensa sensación de calor. O vento soprará de nordés frouxo, agás entre Bares e Fisterra, onde o fará con intensidade moderada e continuando o réxime de brisas costeiras nas Rías Baixas...





