Bos días e feliz mércores. Hoxe teremos ceos parcialmente anubrados no litoral, con néboas matinais, tendendo a abrirse claros a medida que avance a xornada quedando pouco anubrados ou despexados no resto. As temperaturas descenderán de xeito entre moderado e notable, particularmente no interior da Comunidade. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte..
