Bos días e feliz xoves. Hoxe predominará o ceo pouco anubrado ou con nubes de tipo alto, con algunhas néboas matinais e máis nubes no litoral onde tamén haberá brétemas. As temperaturas mínimas non terán cambios mentres que as máximas continuarán en descenso, quedando en xeral por debaixo dos 30ºC. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, predominando as brisas costeiras pola tarde..
