Bos días e feliz mércores. Hoxe agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que se irán disipando. Durante a tarde poderían medrar nubes de evolución no sueste de Galicia deixando algún amago treboento. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral atlántico...






