Bos días e feliz xoves. Hoxe agárdase ceo pouco anubrado ou despexado en xeral, con máis nubes no extremo norte, onde mesmo non se podería descartar algún orballo ocasional. As temperaturas, tanto mínimas coma máximas non experimentarán cambios significativos ou estarán en lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés, moderado en xeral, con intervalos fortes na Costa da Morte...





