Bos días e feliz venres a todos. Hoxe o ceo estará pouco anubrado ou despexado con algunhas nubes no extremo norte e mesmo algún orballo ocasional na Mariña luguesa. Pola tarde medrarán nubes de evolución no sueste de Galicia, que deixarán chuvascos treboentos. As temperaturas mínimas non variarán, mentres que as máximas ascenderán provocando sensación de calor. O vento soprará do nordés moderado, con intervalos de forte nas Rías Baixas..

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame