Bos días e feliz sábado. Hoxe os ceos alternarán nubes e claros, con nubes de evolución pola tarde no leste da Comunidade, con chuvascos, ocasionalmente tormentosos. No extremo norte os ceos estarán anubrados, con chuvias febles na Mariña de Lugo. As temperaturas mínimas non tiveron cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os vento soprarán do nordés, frouxos no interior, moderados na costa, con intervalos fortes no litoral atlántico..
