Bos días e feliz domingo. Hoxe predominará o ceo despexado durante todo o día, con algunhas nubes no litoral norte pola noite. As temperaturas non terán cambios significativos, con algúns ascensos das mínimas, polo que será outra xornada de moita calor. O vento soprará do nordés frouxo no interior e moderado no litoral, acadando intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña pola tarde..
