Bos días e feliz xoves. Hoxe durante a mañá predominarán as néboas en moitos puntos do interior para quedar a partir do mediodía co ceo pouco anubrado ou despexado. Ao final do día entrarán as nubes baixas que deixarán chuvias no oeste co avance da noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. Pola noite será frouxo do sur, con intervalos de moderado e mesmo con algún refacho forte no litoral da provincia da Coruña..
