Bos días e feliz martes. Hoxe durante a mañá o ceo estará despexado, unicamente con intervalos de nubes baixas no litoral noroeste. Pola tarde, alternarán as nubes cos claros, con chuvascos tormentosos máis probables nas zonas altas de Lugo e Ourense. As temperaturas non experimentarán cambios significativos en xeral, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte. O vento soprará frouxo de dirección variable, collendo compoñente norte, frouxo, á tarde..





