Bos días e feliz venres. Hoxe os ceos estarán máis anubrados canto máis ó norte, con posibilidade de chuvascos que serán máis probables durante a tarde. As temperaturas, tanto mínimas coma máximas, estarán sen cambios significativos, con ascenso das máximas no noroeste. O vento soprará frouxo de dirección variable, agás no litoral norte que será do nordés moderado..






