Bos días e feliz sábado. Hoxe o ceo estará máis anubrado polo oeste, medrando nubes de evolución nas zonas altas de Ourense e Lugo, que darán lugar a chuvascos treboentos illados. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas descenderán, agás na Mariña Luguesa onde ascenderán. O vento soprará frouxo de compoñente oeste en xeral..
