Bos días e feliz domingo. Hoxe agárdanse ceos máis anubrados nas primeiras horas, diminuíndo as nubes a medida que avance a mañá; xa pola tarde os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas sufren un descenso entre lixeiro e moderado nesta xornada. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable pola mañá, do noroeste pola tarde..
 
          
       
				 
				 
				 
				 
				 
				







