Bos días e feliz semana. Hoxe luns agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados, con posibilidade dalgún banco de néboa matinal. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán un ascenso, entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable pola mañá collendo compoñente norte á tarde..
