Bos días e feliz semana. Hoxe luns, agárdanse ceos pouco anubrados en xeral durante o día, con algunhas nubes e brétemas no litoral atlántico; xa dende o final da tarde comezará a entrar nubes dende o Atlántico que se estenderán a toda Galicia ao longo da noite, con chuvias ás últimas horas, comezando polo oeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso no oeste, mentres que nas localidades do leste verase un lixeiro ascenso; as máximas sufrirán un lixeiro ascenso, principalmente no norte de Lugo. .









