#VoltaVakaloura. Fai umha boa tempada que non viaxo polo “CAXIGO”. As razóns son moitas e diversas. Pero a principal foi pescudar se había vida mais aló das redes sociais, do juasá, da tv, dos xornais subvencionados, de todos eses trebelhos chamados novas tecnoloxías e un longo etc.
Estes tres meses, aproximadamente, estiven a facer redes sociais de soutos, fragas, carbalheiras e tabernas coma se facía antes de chegar a internet. E pódovos asegurar que; non só hai vida, senón que esta é moito melhor. Decateime que me chegou a mesma información do que estaba a acontecer no mundo mundial, pero moito mais contrastada e fiábel. Foi umha experiencia moi engaiolante e enriquecedora. Foi umha aposta persoal e hoxe podo asegurar que non estou contaminado, anestesiado nin mediatizado e que podo vivir tranquilamente sen que me chucen diariamente tod@s os magnates aproveitados que se lucran cos e dos meus datos persoais. Non digo que isto sexa o caso desta rede. Por iso volto con tod@s os amig@s do Caxigo. Iremos indo e entrando de cando en vez. Saúdos a tod@s.
Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?