Bos días e feliz domingo. Hoxe agárdase unha xornada de ceos despexados, con intervalos de nubes nas primeiras e derradeiras horas da xornada no extremo norte da Comunidade e algún banco de néboa matinal no interior. As temperaturas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos do nordés, con intervalos de moderado no litoral atlántico..






